8
Mar

Sobre

   Posted by: Bento Souto Aboal   in

 

Este é un blogue sobre Wi-fi, aquí podes atopar cousas relacionadas coa seguridade sen fio. Os programas compartillados aquí, ben da autoría de Bento Souto, ben de autoría allea, teñen a finalidade de protexer mellor a nosa rede fronte a intrusions e non para fomentalas, é por iso que aquí non se dá suporte á intromisión en redes alleas e bla, bla, bla…

Yao Ming

…en calquera caso se non fose por quen dá á luz o cifrado dos “segredos” a dia de hoxe ainda nos comunicaríamos con sinais de fume, a tecnoloxía avanza porque antes hai quen rompe as barreiras, as empresas privadas non teñen interese nengún en dar con novas tecnoloxías, se por eles fose, no tema Wifi, ainda estaríamos en “fase WEP”. E se aqueles que saben como romper as barreiras gardaran o segredo e non o fixeran público tamén seguiríamos en fase WEP, pois o número de “iluminados” non sería considerado unha ameaza como pra investir cartos en novas tecnoloxías.

A finalidade única de internet é compartillar. Esa é a única finalidade deste blogue, o resto é carallada ou hipocrisía legal. Saúde e non cholar moito…

bentosouto17@hotmail.com